Historia do club
Historia
Segundo os testemuños que puidemos recoller, o baloncesto empezou a practicarse no colexio San José da Guía nos anos 1.974/75, manténdose, con diferentes graos de vitalidade, ata marzo de 1.993, ano no que se funda o C. B. San José da Guía. Nestes anos de traxectoria do club formamos a miles de persoas, tanto da zona de Vigo coma dos seus arredores.
Educar co deporte
O obxectivo do club é facer das actividades deportivas un complemento da formación académica que os mozos reciben nos seus colexios. A nosa filosofía consiste en iniciar aos xogadores/ as no deporte e formalos tanto tecnicamente como humanamente para a súa práctica, comprendida dos 4 anos en diante. Isto leva consigo fomentar os valores humanos a través do deporte, segundo o espírito das "Siervas de San Jose", " S. S. J ".
O espírito de equipo, a competitividade correctamente entendida, o afán de superación, ademais de sometelos á disciplina que toda práctica deportiva require. Os mozos/ as, por tanto, non só deben gozar do deporte, senón que tamén deben aprender con el, de modo que todos os coñecementos e experiencias que adquiran sexan un complemento máis á súa educación e a súa preparación para enfrontarse a un reto moito máis que esixente que a simple competición deportiva: a vida. Na vida, como no deporte, o importante non é gañar a calquera prezo, senón participar segundo as regras que nos dita a nosa conciencia, sempre con rectitude e integridade, e dando o mellor que levamos dentro.
CONVENIO CON
Colexio Niño Jesús de Praga, Colexio San José de la Guía, Psicóloga deportiva, A.S.P.O.F.U.S.A., BASKETGAL
PISTAS ONDE ADESTRAMOS• Colexio San José de la Guía
• Colexio Niño Jesús de Praga
• Colexio S.J.Cluny